Formador/a en Peluquería e Barbería
15/10/2025
Santiago de Compostela, A Coruña
Ref: 576926
Descrición do posto Buscamos profesor/a de Peluquería e Barbería para incorporación inmediata en Santiago de Compostela. A persoa seleccionada impartirá formación práctica e teórica en módulos de imaxe persoal, cortes, coloración e técnicas de barbería de cabaleiro, garantindo unha aprendizaxe actual e dinámica. Ademais, deberá realizar servizos profesionais de Peluquería e Barbería cando se requira, dentro das actividades do centro. Funcións principais Impartir clases prácticas e teóricas de Peluquería e Barbería. Planificar, preparar e avaliar actividades formativas. Guiar e motivar ao alumnado no proceso de aprendizaxe. Manter actualizados os contidos e técnicas conforme ás tendencias actuais. Realizar servizos profesionais de Peluquería e Barbería segundo as necesidades do centro. Colaborar co equipo docente na organización e seguimento da acción formativa. Requisitos Titulación oficial de FP en Peluquería ou Imaxe Persoal (grao medio ou superior). Acreditación docente: certificado de profesionalidade de docencia, CAP ou Máster de Profesorado. Manexo profesional en Peluquería e Barbería de cabaleiro (corte, degradados, afeitado e arranxo de barba). Experiencia práctica e vocación formativa. Ofrecemos Incorporación inmediata. Bo ambiente profesional e equipo docente consolidado.